opyde
pdei   INICIO
pdei PLAN AS PONTES
pdei VENTAXES
pdei INVESTIMENTO
pdei SUBVENCIÓNS
pdei CONTACTO
PDEI
pdei
pdei
dpei PRINCIPAIS VANTAXES
pdei
dpei DISPOÑIBILIDADE DE SOLO INDUSTRIAL
pdei
dpei DIPOÑIBILIDADE DE PORTAL ÚNICO
pdei
dpei ASISTENCIA EN MATERIA DE SUBVENCIÓNS
pdei
dpei INTERLOCUCIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

pdeipdei

 

Descubra  cómo acceder ao financiamento público para cofinanciar o seu proxecto de investimento a través da  nosa Oficina de Promoción e Desenvolvento Económico.

pdei

 

pdei
dpei PRINCIPAIS VANTAXES


A existencia do Plan de Desenvolvemento Económico-Industrial das Pontes, os seus contidos, e as propias características do municipio supoñen un gran aliciente para o investidor e a creación empresarial, cabe destacar:

  • Dispoñibilidade de solo empresarial.

  • Dispoñibilidade de portal único.

  • Asistencia en materia de subvencións.

  • Deseño de solucións financeiras.

  • Interlocución entre Administracións Públicas.  
PDEI

Xunto coas ferramentas de apoio ao investimento presentes no resto dos municipios de Galicia, os proxectos de investimento situados no municipio das Pontes contan con diversas vantaxes ao investimento e a implantación de novas empresas, atendendo a diferentes elementos clave:
A zona presenta axudas públicas a fondo perdido que no seu conxunto poden alcanzar unha intensidade máxima en termos xerais do 40% do investimento empresarial.
Posibilidade de acollerse a unha axuda adicional a fondo perdido con cargo ao Plan de Desenvolvemento Económico-Industrial para As Pontes achegada polo Grupo Endesa para proxectos que se implanten nas Pontes.
Dispoñibilidade de solo industrial en condicións moi vantaxosas.
Posibilidade de financiamento cun custo inferior ao do mercado.
A Xunta de Galicia, apoia institucionalmente e politicamente, como goberno rexional comprométese a dar un tratamento preferente aos proxectos de investimento na zona.
As forzas sociais e as Organizacións Sindicais (apoian nos seus foros executivos: Mesa do Carbón, axudas e infraestruturas) comprométense a prestar todo o seu apoio aos proxectos empresariais.

Situación da OPYDE (Oficina de Promoción e Desenvolvemento Económico) como instrumento especializado de servizos empresariais que proporciona soporte á promoción industrial e que permite liderar da forma máis eficiente os esforzos privados e públicos cun obxectivo común: crear emprego e industria.

pdei PDEI
dpei

DISPOÑIBILIDADE DE SOLO INDUSTRIAL

O Parque Empresarial de Penapurreira está situado no Concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). O Parque Empresarial foi promovido por XESTUR CORUÑA, S.A. e a súa execución cofinanciada pola XUNTA DE GALICIA, o Instituto para la Reestructuración de la Minería del Carbón e ENDESA.

PDEI

Este parque empresarial  de Penapurreira ofrece un dos solos máis baratos de toda Galicia.

Inmellorablemente comunicado por carretera a través da autovía Ferrol-Vilalba e da autopista A-9 e a súa proximidade ao porto de Ferrol.

pdei
pdei PDEI
dpei DIPOÑIBILIDADE DE PORTAL ÚNICO

O instrumento de xestión do Plan é a OPYDE (Oficina de Promoción e Desenvolvemento Económico das Pontes) xestionada por un equipo de profesionais que ofrece un asesoramento personalizado para cada proxecto de investimento.

A OPYDE funciona como portal único do Plan de Desenvolvemento para As Pontes para a solicitude solo solo industrial e asesoramento no deseño de estratexias de acceso ao financiamento público para proxectos de investimento xeradores de emprego.

pdei PDEI
dpei ASISTENCIA EN MATERIA DE SUBVENCIÓNS

O equipo técnico da OPYDE está á súa enteira disposición para asesorarlle respecto das posibilidades de acceso ao financiamento público para cofinanciar o seu proxecto de investimento.
 
O servizo de asistencia en materia de subvencións permitiralle:

1. Identificar todas as posibles axudas existentes para o financiamento do orzamento de investimento e/ou gasto que quere acometer unha empresa ou entidade.

2. Establecer o calendario e a estratexia a seguir para optimizar as axudas e subvencións identificadas.

pdei PDEI
dpei INTERLOCUCIÓN ENTRE ADMINISTRACIONS PÚBLICAS

A OPYDE como instrumento de xestión do Plan de Desenvolvemento Económico-Industrial para As Pontes, actúa como interlocutor dos promotores de proxectos de investimento xeradores de emprego ante os Organismos Públicos outorgantes de Axudas Públicas a Proxectos de Investimento.
Esta función baséase nun dos principais obxectivos do Plan de Desenvolvemento Económico para As Pontes consistente na “creación e sostemento desde as distintas institucións (Xunta de Galicia, Administración Central, Administración Local e Centrais Sindicais), dun clima de apoio ás iniciativas e proxectos que se xeren nas Pontes”.

pdeipdei
pdei
IDIOMAS
Inglés
Español
MAPA DO SITIO

pdei
>> Catálogo informativo
>> Suplemento promocional
Plan de Desenvolvemento Económico Industrial para As Pontes - www.PlanAsPontes.com - 981 45 26 16 - info@planaspontes.com